Daniel tén tres aniños e enzuca con nós cando imos micrófono en man para preguntarlle a última hora da ratiña Lola. Con parche pirata no ollo, quere seguir a lidar cos personaxes de Cativadas, espazo virtual especialmente arranxado para os máis pequenos. "Coloreo", "Aprendo as letras", "Xa sei vestirme", "A casa dos animais", "Os transportes", todo un brinquedo virtual de cores e sons a xeito para os pequechos, aos que lles armaron un recuncho coas caixas dos computadores reconvertidas a gatiños. Imposíbel de resistírense a ir petarlle na tecla. "E que che conta a ratiña Lola?", "Cousas".