Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUSTIZA ORDEABA A REPETICIÓN DE CASE TODO O PROCESO

A Xunta do PP adxudicou o 3 de agosto unha concesión enerxética anulada polo TSXG

A Consellaría de Industria adxudicou o 3 de agosto de 2005, días antes do cambio político en Galiza, unha concesión enerxética anulada por unha sentenza do TSXG que ordeaba repetir a práctica totalidade do concurso convocado para outorgar a licenza. A resolución está asinada polo secretario xeral da consellaría, Jesús Vázquez San Luis, e outorga a explotación da minicentral hidroeléctrica do Landro, en Ourol, á Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, sociedade limitada que non existía cando se convocou o concurso público. A empresa beneficiaria mercáralle os dereitos sobre a concesión a Hidroeléctrica de Ourol, controlada por Luis Castro Valdivia, parente do director xeral de Industria co PP, Ramón Ordás, e polo presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), Antonio Fontenla. A investigación que levou ao cabo o actual gabinete de Industria está xa en mans da Fiscalía. Máis información en La Opinión de A Coruña.

- 09:36 04/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: