Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
OS COMPROMISOS ESQUECIDOS

Reserva da Biosfera das Rías Baixas Simple Promesas Electoral

Luita Verde denuncia que o proxecto de construcción do porto deportivo de Massó e o resto de construccións nautico-deportivas, recheos e pontes especuladas ou proxectadas para o futuro a curto e medio plazo na ría de Vigo e no conxunto do litoral, son as principais causas que fan inviable a Declaración de Reserva da Biosfera no máis inmediato futuro para as Rías Baixas.

- 12:02 01/04/2006
Tags:

A maioría destes proxectos xunto coa falla de planificación e ordenación do territorio son incompatibles coa Declaración das Rías Baixas como Reserva da Biosfera e afectarán á hipotética Zona exterior de Transición, as zonas que según a Declaración corresponderían ás de maior grao de intervención humana onde se fomenten e practiquen formas de explotación sostible dos recursos, e que coincidirían neste caso coa maioría do litoral e dos bancos de pesca e marisqueo do interior das Rías. Por outra parte, de non levarse a cabo esa correcta ordenación do territorio e un plan de usos do litoral nas Rías Baixas, coa conseguinte afección e/ou desaparición dos máis relevantes espacios naturais e bancos de pesca e marisco das Rías, como por exemplo pode suceder na zona mariña fronte á explanada de Massó, en Cangas, por efecto da construcción do porto deportivo proxectado, tamén correrase o perigo no futuro dunha maior presión medioambiental, pesqueira e marisqueira de cara ós espazos naturais máis conservados, os espazos Rede Natura e principalmente o Parque Nacional das Illas Atlánticas, espazos que de ser declaradas as Rías Baixas Reserva da Biosfera coincidirían coas denominadas Zonas tampón e a Zona núcleo respectivamente.

Luita Verde acusa ó actual Goberno autonómico da Xunta de Galicia e principalmente ó PSdeG-PSOE, de incumprir hai un mes as súas promesas electorais do ano anterior ó impulsar oficialmente só a candidatura das Illas Atlánticas como Reserva da Biosfera á UNESCO, e de criar unha cortina de fume coas declaracións oficiosas de hai uns días do Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente, en Vigo, onde declararou que impulsará a candidatura das Rías Baixas antes de rematar a actual lexislatura. Luita verde denuncia que detrás destes vaivéns e contradiccións políticas están a resistencia e a presión fáctica dalgúns axentes económicos, principalmente do sector urbanístico, industrial e de actividades náutico-deportivas


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: