Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NO AUDITORI, O MÉRCORES 10 DE MAIO ÁS 22 H

Efecto Faltriqueira: as pandereteiras máis innovadoras actúan no maio en Barcelona dentro do Festival Internacional de Percusión

O Festival Internacional de Percusión ofrece un programa multicultural que reúne grupos procedentes de África, América, Asia e Europa. As pandereiras galegas de Faltriqueira comparten cartel co brasileiro Naná Vasconcelos, o grupo Kassamba, que recolle a tradición rítmica do oeste africana, os colombianos de Lumbalú ou a canción feminina do Rif da man de Hadra des Femmes de Chaouen entre outras.

- 22:12 28/03/2006
Tags:

As catro cantareiras e pandereteiras de Faltriqueira chegaron en 2002 ás listas europeas de world music máis influíntes co seu primeiro disco. De seguida acadaron a consideración de novas promesas do folk internacional e son seleccionadas para o CD recopilatorio do ano 2003 da revista Folk Roots. Colaboraron con grupos como Oskorri, Luar na Lubre ou Víctor Manuel. A Barcelona traen o seu segundo disco, que, segundo voces especializadas, volverá a ter un importante resón internacional. A polifonía fronte á interpretación monotonal é a base dunha proposta innovadora e diferente que se enriquece co acompañamento de percusión e instrumentos acústicos.

Faltriqueira
Efecto Faltriqueira
Intérpretes: María López, Ana Leira e Teresa García, voz e pandeireta; Carolina Rodríguez, voz, pandeireta e pandeiro; Pascal Gaigne, laúde e guitarra, Roi Adrio, percussió; Jorge Juncal, acordeón.
Mércores, 10 de maio de 2006 ás 22:00
Sala Sinfónica do Auditori de Barcelona
c/ Lepant, 150 | 08013 Barcelona
18 euros


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: