Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVA LEXISLACIÓN DO GOBERNO CHINÉS PARA FREAR O CORREO LIXO

3.000 euros por enviar spam

O goberno chinés anunciou a entrada en vigor este xoves, 30 de marzo, dunha nova normativa anti spam coa que pretenden frear o tránsito de correo lixo no país. Na China circulan uns 50.000 millóns de correos electrónicos deste tipo, e, para evitalo, as autoridades anuncian multas de ate 3.000 euros para aqueles que participen ou promovan este tipo de envíos masivos. Amais, calquera empresa ou individuo relacionado con esta actividade deberá inscribirse nun rexistro do Ministerio de Tecnoloxía da Información.

- 11:29 27/03/2006
Tags:

Calcúlase que o 60% dos e-mails que dirculan na China corresponden a spam, do cal o país asiático é o terceiro maior productor e receptor. Pese a isto, xa hai voces críticas coa iniciativa. Considérana demasiado severa en canto á contía económica das multas; e estricta de máis na definición de 'correo lixo', xa que calquera correo electrónico non desexado se podería encadrar na definición que establece a lei.


0/5 (0 votos)