Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUSPENDE TEMPORALMENTE O PROXECTO FRONTEIRIZO

A finlandesa Botnia para as obras da celulosa para axudar ao diálogo de Uruguai e Arxentina

"Contribuír a abrir un espazo de diálogo entre as repúblicas de Uruguai e Arxentina" é o obxetivo principal da decisión da empresa finlandesa Botnia de suspender cando menos durante 90 días a construción da celulosa que promove no contorno da cidade uruguaia de Fray Bentos. Agárdase que a empresa galega Ence tome a mesma decisión nas próximas horas, para axudar ao éxito da xuntanza que este mércores terán os presidentes dos dous países. Contámoslles de paso que en entrevista con Europa Press, o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, descartou que Ence vaia deixar Galiza, asegurou que o futuro polígono de Barro-Meis sería unha localización axeitada para o traslado da celulosa que ten en Pontevedra e subliñou que deica agora non se propuxo outra alternativa desde ningún departamento da Xunta.

- 12:30 27/03/2006
Tags:

O presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez, e o de Arxentina, Néstor Kirchner, terán reunión esta semana para tratar de pechar unha solución consensuada ao conflito que enfronta aos dous países pola construción de dúas celulosas na fronteira, do lado uruguaio. Agárdase que a esa cita se chegue xa coas conversas avanzadas, logo das xuntanzas que o día anterior terán representantes das dúas administracións.

A paralización das obras era un xesto longamente agardado para afrouxar a tensión entre os dous países e permitir unha volta á mesa do diálogo, así como o levantamento dos bloqueos ao tráfico entre os dous países que estaban promoven colectivos ambientais e sindicais da beira arxentina. A empresa finlandesa é así a primeira en atender a ese requerimento dun prazo de 90 días no que os dous executivos estudarán conxuntamente e polo miúdo o impacto ambiental da construción das celulosas.

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: