Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VENEZUELA E CUBA SOLICITAN A SÚA EXTRADICIÓN

Posada Carriles permanecerá detido en Estados Unidos

O terrorista Luis Posada Carriles continuará detido en Estados Unidos (EUA), segundo anunciou este mércores a Oficina de Inmigración e Control de Alfándegas (ICE), que adiou a xa adiada decisión de extraditalo ou axuizalo pola autoría intelectual do atentado contra o avión cubano con 73 persoas a bordo en 1976.

- 17:54 23/03/2006
Tags:

De acordo ao breve comunicado divulgado pola sede da ICE en Miami, Posada «non será liberado da custodia de este órgano neste momento», senón que o seu caso será revisado.

A ICE debía pronunciarse antes de fin de mes sobre si deportaba a Posada Carriles a Venezuela ou o liberaba da cadea en El Paso, Texas, onde permanece recluido tralo seu arresto, o 17 de maio de 2005.

Daquela foi procesado por ter ingresado ilegalmente a EUA e portar documentos falsos.

O organismo indicou que a decisión sobre o futuro do terrorista dependerá «de desenrolos independentes e de esforzos para removelo a outros países».

Para o avogado internacionalista José Pertierra, este anuncio «non significa ren», posto que só se refire ao caso por delitos de inmigración.

«A nós o que nos interesa é que o extraditen a Venezuela ou que sexa axuizado nos Estados Unidos», dixo.

Malia que a solicitude de extradición por Venezuela xa foi negada por un xuiz federal, incumprindo co previsto no Tratado de Extradición vixente entre os dous Estados dende 1922, a declaración de ICE sinala que esta prohibición non impedirá que o envíen a un terceiro país.

Aínda non se coñecen dataas tentativas para un eventual traslado de Posada fóra de EUA, mais os seus avogados traballan para lograr que o Goberno estadounidense lle ofreza garantías de que non sexa enviado nin para Venezuela nin para Cuba.

Despois do seu arresto en Miami, o ano pasado, o Goberno de Venezuela solicitou a súa extradición para axuizalo polas súas accións terroristas mentres vivía en Venezuela e por ter fuxido dunha cadea venezuelana, despois do atentado contra o avión cubano.

O Goberno venezuelano acusou á administración de George Walker Bush de ter un dobre discurso verbo o seu compromiso na loita mundial contra o terrorismo, pois tense negado a exercer as accións de extradición estabelecidas no acordo de extradición.

Segundo Pertierra, «o caso cumpre con todos os requisitos para que o Departamento de Xustiza procese a extradición».


0/5 (0 votos)