Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRAS REACCIÓNS

María Teresa Fernández De la Vega, vicepresidenta do goberno: "Desexamos que isto sexa o comezo da fin"

"Estamos diante dunha gran noticia para todos os españois", afirmou a vicepresidenta do goberno na que é a primeira valoración desde o goberno ao anuncio de tregua da ETA. "Toda cautela é pouca, e agardo que todos acompañen ao goberno nesta prudencia", indicou De la Vega, insinuando malia todo que o novo escenario fará que o goberno deba tomar unha serie de decisións políticas "para as que agarda todo o apoio posíbel nesas decisións que se tomen". "O noso desexo e vontade é que isto sexa o comezo da fin", agoirou a vicepresidenta.

- 12:39 22/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)