Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREMIOS LITERARIOS

Seis finalistas para o Blanco Amor, ningún gañador para o Narrativas Quentes

O premio Blanco Amor de novela longa, organizado este ano polo Concello de Neda, desputarase por primeira vez entre seis finalistas dos que xa sabemos os títulos cos que concorreron: son as novelas 'Puntocom' (sen lema), 'A desencecigaciñadora e o cecigaciño' (lema: 'Roxerius'), 'O libro das alquimias' (lema: Lasko Pivo), 'Noites no Grial' (Sen lema), 'A lenda de María en Exipto' (Lema: Apócrifo) e 'O violinista de Malá Strana' (Sen lema). A incógnita despexarase no vindeiro mes de maio. Por outra banda a Editorial Positivas, que convoca o premio Narrativas Quentes, decidiu declarar deserta esta terceira edición do concurso -o único que hai de literatura erótica en galego- pola escasa calidade das 14 obras presentadas. Os gañadores en anos anteriores foran Manuel Lourenzo González, con 'Infidelicidades', e Alberte Momán con 'O lobo da xente'.

- 15:46 21/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)