Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XELÍS DE TORO CONDUCIRÁ UN PROGRAMA ESPECIAL NA RADIO LONDINENSE

Narf cos galegos de Londres e na rede

Co motivo dunha pequena xira británica do músico galego Fran Pérez (Narf), haberá un programa especial na radio londinense Resonancefm. (mércores 15 marzo, de 7 a 8 da tarde hora británica, de 8 a 9 en Galiza). O programa titularase 'Galegos en Londres' e poderase escoitar en (Londres FM104.4 ou tamén en internet). O programa transmitirase en inglés, presentado por Xelís de Toro, e fará unha breve introdución á presenza galega en Londres. Entrevistaranse varios intelectuais galegos residentes na capital británica como Carlos Durán e Fernando Pérez-Barreiro. Fran Pérez será o invitado especial e tocará en directo. Máis información sobre as datas das actuacións de Fran Pérez (Narf) en Londres nesta web.

- 09:14 14/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)