Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Publicación Murguía

RSS de Publicación Murguía
INVESTIGACIÓN

Arquitectura da represión: a colonia penitenciaria de San Simón (1936-1944)

A xénese do recinto O arquipélago formado polas Illas de San Simón e San Antonio xunto cos pequenos afloramentos rocosos de As Cobreiras e Lobería ou Pedra Branca atópase no fondo da Ría de Vigo, fronte ás costas da parroquia redondelá de Cesantes, e constitúe un dos fitos paisaxísticos máis salientables da Ría. As primeiras referencias históricas, deixando á marxe a aqueles autores que aludían a unha posible ocupación das illas ó longo da prehistoria e da romanización, aparecen na idade media e aínda para este período as fontes son parciais e pouco precisas. Segundo a meirande parte dos estudos publicados ata o momento, as illas terían sido o lugar no que na alta idade media se construiría un eremitorio que sería o xérmolo do posterior mosteiro bieito e da ermida dedicada a San Simón á que parece facer alusión a célebre cantiga de Mendinho.

- 08:50 07/04/2006
Tags:

Con posterioridade o arquipélago sufriría todo tipo de desgrazas e vicisitudes históricas como o seu abandono, a posterior ocupación por parte da Orde do Temple, as loitas pola súa posesión entre a casa de Soutomaior e o arcebispado compostelán (1507), a creación nas illas da Reforma Pascualina da Orde Franciscana, o ataque de Sir Francis Drake en xuño de 1589, o incendio na batalla de Rande (1702) ou o ataque das tropas inglesas no ano 1719, por mencionar só algúns dos episodios mais salientables.

Despois do seu abandono no S.XVIII, as autoridades sanitarias locais comezaron ver as illas de San Simón como o lugar ideal para a construcción dun sanatorio marítimo, entendido como un importante beneficio para o emerxente porto de Vigo. Xa arredor de 1825 o médico vigués Nicolás Taboada y Leal comezara unha campaña en defensa do construcción dun Lazareto en San Simón que desembocou, finalmente, na Real Orde de 6 de xuño de 1838, pola que se aprobaba a construcción dun lazareto sucio nas illas...

...máis en Murguía. Revista Galega de Historia 7/8


0/5 (0 votos)