Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN VÍDEO RELEVA OS DÉFICES NA XESTIÓN DO DESASTRE

Bush mentiu sobre os datos que manexaba durante a crise do Katrina

"Non creo que ninguén puidese ter anticipado a rotura dos diques", afirmou o presidente dos Estados Unidos logo da catástrofe que hai medio ano devastou a cidade de Nova Orleans. Paradoxalmente, un vídeo difundido esta semana amosa que de xeito explicíto os seus asesores lle achegaron a preocupación pola posibilidade de que eses diques non resistisen. A nova chega mentres George W.Bush está na India, onde asinou un acordo de cooperación nuclear cualificado de "histórico".

- 11:12 02/03/2006
Tags:

Medio ano despois de que o furacán Katrina zoupase sobre os EUA, causando arredor dun milleiro de mortos e elevadas perdas económicas, e despois de que os veciños da cidade máis afectada, Nova Orleans, afrouxasen penas coa celebración do seu famoso entroido, chegan novas sobre a deficiente xestión do goberno naqueles días.

Un vídeo ao que tivo acceso a axencia Associated Press amosa como funcionarios e técnicos expertos, entre eles o propio director do Centro Nacional de Furacáns de Florida, advertíronlle daquela á administración, e de xeito concreto ao presidente Bush, do perigo que corría a cidade e da alta probabilidade de que rachasen os diques e a auga asolagase a cidade. O alcalde da cidade, Ray Nagin, xa pediu responsabilidades logo da difusión deste vídeo que confirma o que el mesmo denunciara anteriormente sobre a lentitude e a falta de previsión do goberno federal.

Bush na India
E mentres estas informacións zoupan na xa baixa popularidade do actual presidente estadounidense, chega noticia dun iportante acordo asinado durante a súa visita oficial á India. Aló, o goberno indio, que non asinara o Tratado de Non Proliferación Nuclear, accedeu a establecer unha separación clara entre o seu programa atómico militar e o civil e someter a este ultimo ás inspeccións. Deste xeito, o país asiático agarda que se lle facilite o acceso a tecnoloxía nuclear internacional que axude ao deenvolvemento do programa atómico co que quere responder ás súas crecentes necesidades enerxéticas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: