A concellaría de Educación de Santiago e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade uníronse para darlle espazo en San Lázaro, nos baixos do estadio de fútbol, a unha serie de locais destinado a que os grupos musicais composteláns poidan ensaiar e perfeccionar o seu repertorio. Estas dúas entidades colaboración para acondicionar de maneira axeitada os locais que se inauguran no mediodía de hoxe, coa intención de que éstes supoñan a dinamización e a promoción da creación musical en Santiago.