Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
APROBADO O DICTAME PARA A REFORMA DA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL

O Congreso abre a porta para estender o canon máis alá de CDs e DVDs virxes

Houbo unanimidade este venres no Congreso para a aprobación do dictame para a reforma da Lei de Propiedade Intelectual e que estende ao mundo dixital o dereito dos autores a percibir un canon pola copia privada das súas obras. A propia existencia do canon impedirá que os produtos leven sistemas anticopia. Sociedade Xeral de Autores e Editores, SXAE, xa deu pista a pasada semana de por onde quere que vaian as cousas ao presentar demanda contra Apple esixíndolle que pague un canon por cada reproudtor iPod que venda, ao xeito do que a empresa xa fai en Francia. O posíbel canon ás conexións de banda larga a internet e discos duros do computador dependerá dun regulamento posterior.

  • Unha aposta pola cultura, artigo de Víctor Manuel. Entre os asinantes, o galego Bieito Romero, de Luar na Lubre
  • Anteriores: Manifesto contra o canon dos CDs
  • Un canon para as enchentas gastronómicas?
  • Poden opinar no Foro de Vieiros.

- 09:25 02/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)