Presidencia e Industria xa teñen sobre a mesa a petición de alcaldes e empresarios da Veiga: 37 millóns de euros para un un proxecto de estación invernal que inclúe unha pista de esquí, varias telesillas, un teleesquí e un albergue. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza considera que o proxecto é "inxustificábel" polo seu impacto ambiental, nun espazo integrado na Rede Natura desde 2000. Por non falar, din, "dos poucos días e a pouca intensidade da neve que temos en Galiza".
"A estación de esquí só podería funcionar coa aportación de enormes cantidades de artificial, o que suporía un custo económico e un consumo de enerxía totalmente inxustificábel", sinala Adega no seu comunicado.
Para a asociación, A Veiga podería achar oportunidades de desenvolvemento "noutras modalidades, pois na estación invernal non hai outro futuro que o negocio da construcción, que por riba se quere realizar cos cartos de todos".
Adega esíxelle ás institucións unha política de desenvolvemento "baseada na substentabilidade ambiental e na eficiencia no gasto, nunca no desbaldimento de cartos públicos".