Diante do éxito da competencia local de buscadores coma o Baidu e co obxetivo de asegurar que seguirá en cabeza no crecente mercado chinés, Google China, que proximamente vai funcionar desde instalacións situadas no propio país asiático, vaille garantir á administración a peneira de contidos e a eliminación de resultados nas buscas realizadas polos chineses. Os servizos de correo electrónico ou de creación de bitácoras tampouco serán accesíbeis até que se desenvolvan mecanismos de control para a súa utilización. O goberno de Hu Intao é considerado coma o máis represor no mundo respecto ao uso de internet e os internautas do país que escriban na caixa do buscador palabras coma "dereitos humanos" reciben resultados especialmente arranxados a maior gloria da administración local. Recomendámoslles botarlle un ollo ás reflexións do blogueiro galego Enrique Dans.