O informe de Human Rights Watch verbo a situación venezuelana dentro do Informe Mundial sobre os dereitos humanos do 2006 de que as relacións internacionais venezuelanas non son favorábeis, pois "a hostilidade con EUA continúa", ademais de manter "estreitas relacións comerciais con Cuba" e se "influencia en países inestábeis como Bolivia".
A organización Human Rights Watch, novamente sinalou no seu Informe Mundial sobre os dereitos humanos do 2006 que o Goberno revolucionario venezuelano adoptou medidas para debilitar a independencia do Poder Xudicial e aprobou leis que, ao seu semellar, ameazan á liberdade de prensa e liberdade de expresión.
O informe, presentado este mércores en roda de prensa en Washington, sinala que "dende que gañou un referendo nacional sobre a súa presidencia en 2004, Hugo Chávez e a súa coalición maioritaria no Congreso (sic) adoptaron medidas para debilitar a independencia do Poder Xudicial do país copando a Corte Suprema (sic) cos seus aliados. Tamén promulgaron leis que ameazan seriemente a liberdade de prensa e a liberdade de expresión".
Así mesmo, Human Rights Watch sinala que as relacións internacionais venezuelanas non son favorábeis, pois "a hostilidade cos EEUU continua", ademais de manter "estreitas relacións comerciais con Cuba" e se "influencia en países inestábeis como Bolivia". Destacan que a Secretaria de Estado de EUA, Condoleeza Rice, referiuse a Venezuela como unha "forza negativa na rexión" durante as sesións para a súa confirmación no Senado en xaneiro de 2005. Isto é considerado pola organización como sinais nada prosperos.
En anteriores ocasións, o Goberno venezuelano sinalou que a Organización Human Rights Watch obedece a intereses privados e vulnera a soberanía nacional do país, xa que percebe ingresos de parte de organizacións que abertamente se opoñen á revolución Bolivariana e que favorecen ás pretensións da Casa Branca.