Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
BOLSAS DE INVESTIGACIÓN

O Ramón Piñeiro coa lingua, a literatura, a antropoloxía e a historia galegas

Como xa é tradicional cada curso veñen de convorcarse as bolsas de investigación do Centro Ramón Piñeiro, para promover o estudo da lingua, a literatura, a antropoloxía e a historia galegas.

- 09:31 19/01/2006
Tags:

En total 13 bolsas divididas do seguinte xeito:

  • Unha bolsa para colaborar no proxecto de terminoloxía científica.
  • Tres bolsas para o proxecto de diccionario de literatura.
  • Tres bolsas para o proxecto de dimensións de identidade colectiva de Galiza.
  • Unha bolsa para a recuperación de textos poéticos e xornalísticos.
  • Unha bolsa para cadernos de fraseoloxía galega.
  • Unha bolsa para informes anuais de literatura.
  • Unha bolsa para o proxecto Cantigas de Santa María.
  • Unha bolsa para o proxecto de corpus de referencia do galego actual.
  • Unha bolsa para a investigación e o estudo do galego exterior.

Poden optar a estas bolsas todas as alumnas e alumnos cunha licenciatura e que poida acreditar coñecemento da lingua galego no nivel de perfeccionamento e cada unha das 13 bolsas do Ramón Piñeiro conta con 900 euros mensuais. O prazo de presentación das solicitudes é de 40 días naturais dende o 28 de decembro e éstas deben ir acompañadas da certificación académica, do currículo e do certificado de coñecemento da lingua galega a nivel perfeccionamento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: