O martes 17 de xaneiro comeza un novo ciclo para o Cineclube Compostela, un ciclo de cinema que nos leva ata o mes de abril e no que o público se vai poder deleitar con pezas de cinema documental xa clásico como Chile, a memoria obstinada de Patricio Guzman ou clásicos do cinema francés como O crime de monsieur Lange de Jean Renoir.
A cita vai ser cada martes guíada polo seguinte programa:
- 17 de xaneiro. Así é e Revolución, do boliviano Jorge Sanjinés.
- 24 de xaneiro. Pensantes de John Grierson e Almadrabas de Carlos Velo.
- 31 de xaneiro. Unha muller de Toquio de Yasujiro Ozu e unha curtametraxe de Charles Chaplin.
- 7 de febreiro. Chile, a memoria obstinada de Patricio Guzmán.
- 14 de febreiro. O Cineclube compostela programa un filme musical.
- 21 de febreiro. Terra negra de Ricardo Íscar.
- 28 de febreiro. O crime de monsieur Lange de Jean Renoir.
- 6 de marzo. O Cinceclube ofrece unha serie de curtametraxes de carácter ecolóxico, unha sesión organizada coa colaboración de Ourol.
- 13 de marzo. Os traidores e Terra queimada de Raymundo Gleyzer.
- 21 de marzo. O fondo do aire é vermello de Chris Marker.
- 28 de marzo. A caída da dinastía Romanov de Esfir Shub.