Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AVANCE DO PLAN DE ATENCIÓN INTEGRAL Á MULLER

Sanidade garantirá o acceso ao aborto na oferta do sistema sanitario público

"Non me vai tremer a voz ao dicir que do mesmo xeito que pensamos que este hospital debe ter unha unidade de reprodución asistida tamén debe garantir o acceso á interrupción voluntaria do embarazo". Así o afirmou este martes a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio Vidal, durante o acto de toma de posesión de Xesús Caramés coma novo xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, CHUS. A conselleira comentou tamén que o plan de atención á muller que deseña o seu departamento quere "acilitar o acceso á pílula postcoital, estender o parto sen dor con anestesia epidural, e ofrecer unha atención específica para os trastornos derivados da menopausa".

- 07:04 11/01/2006
Tags:

A conselleira de Sanidade referiuse durante a súa intervención ao problema de "estaren esquecidas dalgún xeito todas as etapas e ciclos vitais da muller nos plans dos anteriores gobernos". Ao respecto laiouse de que moitas mulleres galegas teñan que marchar fóra de Galiza para abortar dentro dos supostos considerados legais e comentou que "non é de recibo que moitas mulleres deban ir deica Madrid para sometérense a outras intervencións que non son tecnoloxicamente complicadas".

Por outro lado, e ao respecto do nomeamento de Caramés para asumir agora a xerencia do CHUS, afirmou que a consellaría promoverá que este centro se convirta "nun hospital líder no sistema sanitario", do que destacou que sexa "o que máis proxectos de investigación ten de toda Galicia". Rubio animou especialmente a avanzar na investigación médica e anunciou o deseño dun plan de I+D+i "que coordine e fomente a investigación en toda a rede sanitaria". Sobre o asunto destacou a entrada en funcionamento en breve no CHUS dun "ciclotrón, único en toda Galicia, e que servirá para fabricar radio fármacos para todos os hospitais do noroeste español e especialmente para o da capital galega".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: