Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATENCIÓN PARA AS PERSOAS QUE NON PODEN VALERSE POR SI MESMAS

Un 21% dos galegos poderán acollerse ás axudas impulsadas pola Lei de Dependencia

Garantirlle a axuda e os coidados ás persoas dependentes é obxetivo do anteproxecto da Lei de Autonomía Persoal e Dependencia, presentada este mércores polo ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. O sistema proposto achegarálle axudas aos cidadáns que o precisen e en función da súa renda e patrimonio, cantidades que deberían ser cubertas polas administracións estatal e autonómica. A nivel estatal, 1,12 millóns de persoas tén unha dependencia grave e 1,65 millóns precisan dalgunha axuda para desenvolver con normalidade a súa vida diaria. As administracións consideran ademais que por riba do 70% destas superaron xa os 65 anos.

- 08:09 05/01/2006
Tags:

Serán entre 2007 e 2015 un total de 12.368 millóns de euros os que compromete fixar o Estado a través dos seus orzamentos xerais para a posta en marcha do bautizado Sistema Nacional de Dependencia. Cara á 2015, e en previsión da porcentaxe de poboación que daquela precisará destas axudas, o goberno español cavila que o sistema terá un custo de 9.500 millóns de euros, arredor do 1% do PIB. Dese total, os usuarios, e segundo a súa renda, soportarían o gasto de máis da metade, até 5.076 millóns, mentres que administración estatal e autonómica financiarían a partes iguais o resto de 4.424 millóns de euros.

Ao respecto pronunciouse este mércores o vicepresidente de Igualdade e Benestar, Anxo Quintana, quen gabou as oportunidades que abre este novo marco legal e subliñou que o avellentamento da poboación galega fai cada vez máis necesario incrementar a atención para as persoas maiores. Ao respecto, destacou as iniciativas promovidas polo executivo galego para a creación dunha rede pública de centros da terceira idade, que inclúa residencias e centros de día e recursos. Quintana asegurou que Galiza se beneficiará especialmente "deste novo escenario legal para a dependencia que por primeira vez proporciona un mecanismo de financiamento para que as políticas teñan eficacia e se vexan na práctica".


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: