Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CUN VALOR TOTAL DE MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS E ALGUNHAS XA PRESCRITAS

Denuncian en Sada o pago irregular de facturas e o alcalde recoñece que "rozan a lei"

"Ás veces os gobernantes temos que tirar para adiante aínda que sexa rozando a lei", dixo o alcalde de Sada, Ramón Rodríguez Ares, en declaracións para a Radio Galega. "Se unha obra se inicia e polas circunstancias que fosen se incrementa o gasto, hai que rematala, non podemos deixar que podreza". Desde a oposición do BNG, o concelleiro Abel López Soto lembráballe este martes que "cando o orzamento non é abondo hai procedementos legais para subilo".

- 07:42 04/01/2006
Tags:

O alcalde sadense asinara en decembro pasado o pagamento de 47 facturas, máis da metade e por un valor superior aos 687 mil euros destinadas ao cobro dunha construtora. Segundo a denuncia do grupo local do BNG, o propio interventor do Concello lle expresou ao alcalde o seu desacordo cun procedemento que evitaba os procedementos legais necesarios e aprobaba gastos sen orzamento asignado. O Bloque subliña que moitas destas facturas xa prescribiran e que a maiores amosaban un incumprimento sistemático dos regulamentos de contratación da administración.

Á beira, a oposición critica tamén os catro pagamentos por valor conxunto de até 423 mil euros sobre actuacións vencelladas á Casa da Cultura da vila, das que segundo o informe do funcionario municipal non consta que exista ningún expediente administrativo de contratación e nin sequera reflexo contábel ou orzamentario ao respecto. Ao fío, avísanlle ao alcalde Moncho Ares que a situación pode dar lugar a que deba responder "nos ámbitos administrativo e penal" por estas prácticas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: