Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVO SERVIZO DA INSTITUCIÓN PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

A actividade parlamentaria será accesíbel en lingua de signos

Fixera promesa a nova presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, de promover o uso das novas tecnoloxías e aproveitalas para estreitar o vencello dos cidadáns coa institución. A intención vén tendo as súas primeiras achegas co relanzamento do propio sitio web do Parlamento de Galiza, actualizado agora con regularidade e puntual información sobre a súa actividade e novos servizos tales coma un arquivo audiovisual das intervencións dos deputados. Este venres, a Cámara galega anunciou un acordo coa Federación de Persoas Xordas de Galiza para que a emisión en directo de todos os plenos que ata agora podía seguirse en internet, incorpore un espazo con tradución á linguaxe de signos. Malia todo, a web aínda presenta importantes eivas de accesibilidade, con case un cento de erros graves que segundo a normativa que co aninovo entrará en vigor deben ser solucionadas nas webs das administracións para facelas accesíbeis a persoas con discapacidad auditiva, visual ou motriz.

  • Anterior: Défice de accesibilidade no portal da Xunta

- 12:29 30/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)