Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPERACIÓN CASTIÑEIRA

Deteñen un mozo independentista en Ourense

A Garda Civil detivo o mozo Iago V. este xoves pola mañá en Ourense, conforme informa a organización Ceivar. O mozo, que acababa de regresar de Andalucía, está baixo a tutela policial. Segundo a información proporcionada por Ceivar, a Garda Civil rexistrou a casa do mozo e requisou diverso material. Nesta altura descoñécense o paradoiro exacto e os cargos contra o mozo, que non fora detido dentro da Operación Castiñeira. O portal Galizalivre.org define a Iago V. como "colaborador de AMI". Hai uns meses a Operación Castiñeira emprendida polo xuíz Santiago Pedraz detivera dez persoas, que foran postas en liberdade sen cargos aos poucos días. Posteriormente, unha moza ourensá foi detida de novo, acusada de danos contra unha minicentral.

- 13:46 30/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)