Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VENEZUELA GOLPEA Á POLÍTICA BUSH

Venezuela quenta os fogares pobres dos Estados Unidos ante a negativa das compañías estadounidenses de rebaixar os prezos

Venezuela suministra combustíbel a baixo custe para milleiros de familias pobres no estado de Massachusetts en Estados Unidos, tras o convenio entre funcionarios estatais e o goberno revolucionario de Hugo Chávez.
O parlamentario estadounidense, William Delahunt, descrebeu o convenio como "unha das mellores expresións humanitarias", durante a cerimonia na que se asinou o pacto na cidade de Quincy, Boston. A empresa estatal petrolífera da Venezuela (PDVSA), através de súa filial norteamericana Citgo, foi a única compañía que respondeu ao pedido de un grupo de senadores para que o prezo do petróleo baixase durante o inverno.

- 12:17 29/12/2005
Tags:

A idea xa fora anunciada polo presidente venezuelano durante a súa visita a Cuba en agosto deste ano.

Amigos ou inimigos?

O convenio beneficia a milleiros de famílias de baixos ingresos. O acordo inclue o transporte marítimo desde Venezuela a Massachusetts de 45 millóns de litros de combustíbel para quentar os fogares a un prezo menor que o do mercado de petróleo.

Segundo a embaixada venezuelana en Washington, o benefício estenderáse no futuro a outras cidades estadounidenses.

O programa de cooperación beneficiará a perto de 40.000 fogares e centos de escolas, garderías e hospitais de Boston e o bairro de Bronx, en New York.

A iniciativa tenta diminuir os efectos da suba de prezos e a escasez de combustíbel que se rexistrou en Estados Unidos despois do paso dos furacáns Katrina e Rita polo sul do país, sinalou a embaixada venezuelana en Estados Unidos.

En total, as famílias beneficiadas aforrarán entre 12 e 17 millóns de euros durante o inverno.

Venezuela fornece case a totalidade do combustíbel de calefacción consumido en Estados Unidos.

As compañías estadounidenses non acederon a rebaixar o prezo

Deputados democratas dos Estados Unidos eloxiaron a iniciativa do goberno venezuelano de vender petróleo subsidiado aos estadounidenses pobres e criticaran ás compañías petroleiras dos Estados Unidos que se negaran a facer o mesmo.

"O que está sendo feito en New York e en Massachussets é unha grande axuda á poboación pobre que precisa de combustível barato para quentar as súas casas neste inverno. É uunha grande idea e gostaría moito de pasar a iniciativa a California, o que non podemos facer por razóns de infraestrutura", declarou da California, Hilda Solís.

A empresa estatal petrolífera da Venezuela (PDVSA), através de súa filial norteamericana Citgo, foi a única compañía que respondeu ao pedido de un grupo de senadores para que o prezo do petróleo baixase durante o inverno.

Até hoxe, a Citgo doou combustíbel subsidiado para calefacción de residencias nas rexións pobres de Massachussets e New York, e está negociando facer o mesmo en outros estados da costa leste do país.

O voceiro da Casa Branca, Scott McClellan, declarou a semana pasada que "todos temos un papel para cumprir", em alusión ás petroleiras do seu país que non escoitaran os pedidos para a diminución dos prezos, mais se negou a comentar as doazóns do goberno venezuelano, que é intensamente criticado por Washington.

Xurxo Martínez Crespo


0/5 (0 votos)