Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E SOCIEDADE

O BNG obtén no Congreso un compromiso sobre a Carta das Linguas Minorizadas

A Comisión de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do BNG onde se lle pide ao Estado que asuma os compromisos derivados da ratificación da Carta Europea das Linguas Minorizadas. O ditame do órgano europeo de seguimento desta Carta, emitido hai uns meses, fora bastante duro respecto da actitude do goberno Aznar, e solicitaba a implantación en Galiza dun sistema educativo de inmersión en galego.

- 01:50 22/12/2005
Tags:

Na defensa da proposición non de lei, o deputado do BNG Xosé Domingo Oreiro valorou a proposta do Bloque, así como a protección das linguas minorizadas sen que iso supoña menoscabo para o castelán. O deputado do PNV Aitor Esteban defendeu que o informe dá unhas pautas interesantes para as administracións e aludiu ás deficiencias destas na defensa das linguas minorizadas, especialmente en educación e xustiza. O socialista pontevedrés Domingos Tabuyo sinalou que a Carta abarca un amplo espectro de actuacións para potenciar esa linguas e contén unha serie de compromisos, "aos que o Goberno lles concede grande importancia e que asumimos". Na súa opinión, o nivel de protección e defensa é "elevado" e insistiu no compromiso do Estado para potenciar o seu uso e aplicación.

A Carta Europea das Linguas Minorizadas é un tratado internacional que pretende garantir o pleno desenvolvemento das linguas non estatais no continente. Asinada polo estado español, durante os anos de goberno Aznar non se realizou un cumprimento correcto dos seus ditames, conforme sinalou reiteradamente o Comité de Expertos que se encarga do seu seguimento. A última destas ocasións foi hai só uns meses, nun documento onde se solicitaba explicitamente a implantación en Galiza dun sistema educativo de inmersión en galego.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: