Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PROL DA NOSA LINGUA EN INTERNET

Reaxir de Galego 21 con Firefox galego e un glosario básico

Hai un par de anos que esmorecera na rede a súa actividade e neste mesmo ano desaparecera coma colectivo. Pero desde o primeiro de decembro, e da man do informático Roberto Abalde, volve a internet esta iniciativa nada en 2000 co obxetivo de "organizar o desenvolvemento, traducción e espallamento de programas informáticos en galego". Galego 21.org estrea esta nova etapa con novo deseño do seu espazo internáutico e dous proxectos abertos: a tradución do navegador de moda, o Firefox, e a elaboración dun glosario básico dos equivalentes galegos de palabras de uso habitual no contorno da informática, que parte do diccionario realizado pola xente do Proxecto Trasno . Lembrámoslles que buscan colaboradores, e que pode participar calquera internauta voluntario con só rexistrarse.

- 12:54 02/12/2005
Tags:


1/5 (1 votos)