O xuíz do xulgado de Celanova decretou a libertade con cargos de María B. F., a moza ourensá detida onte pola Garda Civil. Segundo Ceivar, o xuíz apreza a vinculación de María B. F. "coa sabotaxe da construcción da minicentral hidroeléctrica de Rubillós realizada en outubro de 2004". A posta en liberdade produciuse despois de que a detida prestase declaración durante varias horas perante o xuíz. María B. F. xa fora detida a pasada semana en Ourense durante a chamada "Operación Castiñeira" xunto con 9 persoas vencelladas a organizacións independentistas.