Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CINECLUBE DE COMPOSTELA

O inquérito de Pasolini sobre o amor

O Cineclube de Compostela rexurde este outono cun documental dun dos xenios do cinema: en Enquisa sobre o amor, Pier Paolo Pasolini percorre Italia de norte a sur, falando coas persoas e desmentindo tópicos arredor da sexualidade nunha sociedade dominada pola igrexa e o patriarcado. Proxectarase o martes 22 de novembro ás 22:30, no local social O Pichel (Santa Clara, 21).

- 13:42 22/11/2005
Tags:

No 63, Pasolini percorreu a península itálica, dende as grandes cidades ás vilas e aldeas do rural, falando con xente de todo espectro social, entrevistando sobre amor e erotismo.

Da resposta dos entrevistados, sobre todo os de procedenza burguesa, obtense un valioso documento sobre a hipocrisía social. As persoas de clase social máis baixa respostan espontaneamente. Segundo Enzo Siciliano na súa biografía Vita di Pasolini (Giunti, Florencia), "o filme é un apaixonado autorretrato."

A vergoña que producen a incultura e o medo na sociedade italiana contrastan coa enorme naturalidade do autor. Puxo en evidencia a descomunal represión exercida pola igrexa católica, e espertou a inquedanza por unha renovación do sistema educativo.


0/5 (0 votos)