Galicia sacrifica 3 millóns e medio de coellos, un millón de porcos e 400.000 bovinos ó ano. Os animais máis sacrificados son as aves con 57,7 millóns de unidades
No ano 1997 foron sacrificadas en Galicia 112.977 toneladas de carne de ave.
Tralas aves tamén destacan os 3,6 millóns de coellos comercializados que aportan unhas 4.000 toneladas de carne.
O terceiro posto desta sanguinaria clasificación ocupano os porcos, que foron algo máis dun millón para o matadeiro (83.000 toneladas de carne)
Xa con menos importancia salientar outras especies animais: bovino (1.500 toneladas), terneros (400.000 unidades), ovino (60.000 cabezas), 40.000 de caprino e 1.200 de equino.
Polo tanto, os datos da Xunta cifran nun 63 millóns os animais sacrificados no ano 1997 o que nos indica a gran actividade desenrolada nos matadeiros galegos.
Xabier López