O Parque Natural das Fragas do Eume protexe dende 1997 un dos bosques máis importantes de Europa, tanto pola súa extensión como polo seu grao de conservación.
Guerrilleir@s das Fragas ? FEG, dirixiu un escrito ó Conselleiro de Medio Ambiente, poñéndolle en coñecemento a existencia dunha liña eléctrica en desuso na desembocadura do río Fray Bermuz (Monfero), que atravesa o bosque mellor conservado, e unha parte introdúcese no río, poñendo en perigo a rica avifauna da zona. Guerrilleir@s das Fragas ? FEG considera que a empresa propietaria da infraestrutura eléctrica debe retirala.
	Por outra banda  Guerrilleir@s das Fragas ? FEG aproveita a ocasión para lembrarlle outros problemas ambientais do Espazo Natural Protexido (ENP).
-	Ausencia de compensacións ós propietarios afectados polas medidas conservacionistas.
-	Existencia de proxectos de elevado custo ambiental tanto no interior como no perímetro exterior do ENP: mina de Andalucita (Monte Fontardión), transvase de auga do Eume, parques eólicos (Penafesa-Cisterna-Raño), concentracións parcelarias (Piñeiro,Xermade)
-	Inexistencia de programas de Educación ambiental específicos para os afectados polo Parque Natural.
-	Contratación de persoal pouco transparentes. P.ex. Educadores ambientais, normalmente empregáronse para contratar amigos e cuñados, ou pagar favores políticos.
Finalmente esperamos que o novo goberno traballe para corrixir estes problemas  dotando ó ENP dunha partida presupostaría anual seria.