Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONVENIO DOS CONCELLOS CON XUNTA E MINISTERIO DE INDUSTRIA

Dous millóns de euros para que Vigo e Lugo sexan "cidades dixitais"

O programa do ministerio de Industria non incluía nin ás capitais de provincia nin outras cidades principais, toda vez que se consideraba que a súa capacidade de mobilizar recursos xa as poñía en vantaxe no acceso á sociedade da información. Por contra, en tempos onde estaba en dúbida o compromiso do executivo central coa extensión da banda larga en Galiza, o ministerio decidiu mudar criterios. Así, e desde esta semana, as dúas cidades galegas entran oficialmente no proxecto.

- 13:49 03/11/2005
Tags:

Un aula multimedia con funcións de centro de formación, o desenvolvemento de servizos de teleadministración cara ao cidadán, campañas de publicidade e promoción do uso das novas tecnoloxías ou o deseño dun sistema de ensino a través de internet que lle facilite aos cativos o estudo desde os hospitais son algunhas das propostas que avanzan desde o proxecto de "Cidades Dixitais" de Vigo e Lugo.

Cun investimento de 2.223.405 euros a distribuírense entre tres anos deica o 2007, "Vigo Dixital" e "Lugo Dixital" recibirán respectivamente 1.535.000 euros e 698.400 euros para o investimento en iniciativas vencelladas coa administración electrónica, comercio e negocio electrónico,
teletraballo, telemedicina e teleformación. As dúas cidades únense así aos programas que se viñan desenvolvendo nas Pontes e Vilalba conxuntamente, dunha banda, e na Estrada por outro lado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: