Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PROPOSTA POR BLAIR CUNHA FORTE VONTADE DE CONTROL

A UE intenta limitar a próxima directiva "antiterrorista" de retención das chamadas e mails

A Axencia Europea de Protección de Datos pronunciouse a favor de que as chamadas telefónicas e os correos electrónicos só poidan ser retidos por un máximo de 12 e de 6 meses respectivamente. Este pronuciamento prodúcese debido a que a axencia ten que aportar as súas conclusións sobre todos os regulamentos da UE que estean relacionados coa protección de datos persoais.

- 11:26 26/10/2005
Tags:

Así, este posicionamento responde á normativa que, a proposta do primeiro ministro británico, Tony Blair, se tramita no Parlamento Europeo como parte de un "plano de acción antiterrorista". Os responsábeis europeos para a protección de datos, actualmente baixo mandato da Axencia Española de Protección de Datos, recomendan tamén que a directiva resultante deste proceso teña unha vixencia máxima de tres anos, ao ter un carácter excepcional, co obxectivo de garantir a confidencialidade nas comunicacións e o dereito fundamental á privacidade dos datos.

  • Recurtan as nosas liberdades coa escusa da loita antiterrorista?
  • O europarlamento vota en contra da retención de datos telefónicos e de tráfico de internet


  • 0/5 (0 votos)