Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O RESULTADO DO REFERENDO OBRIGA A MODIFICAR O "ESTATUTO DO DESARME"

Os brasileiros deciden non prohibir o comercio de armas

"O comércio de armas de fogo e munição debe ser proibido no Brasil?". Diante desa pregunta, os brasileiros responderon maioritariamente "non" no referendo que esta semana decidía a redacción final do bautizado "Estatuto do desarme" que o goberno Lula impulsara a finais de 2003.

- 07:16 24/10/2005
Tags:

Arredor de 40 milleiros de persoas morren cada ano por feridas de bala en Brasil, sempre na cima destas estatísticas a nivel mundial. O artigo 35 da iniciativa lexislativa que deseñara o novo goberno brasileiro establecía a prohibición de mercar armas libremente. Malia todo, a súa aplicación final dependía do resultado deste referendo e deberá agora ser anulado.

As armas de fogo son no Brasil a terceira causa de morte entre a poboación, máis aínda, a primeira causas de mortalidade cando se revisa a estatística entre os mozos. Os defensores da prohibición, co propio presidente Lula á cabeza, denuncian xustamente que o libre comercio de armamento é responsábel desa traxedia. Da outra volta, a campaña polo "non", pedía que a venda continuase cos argumentos da necesidade de "defensa da población" fronte ás continuas vagas de violencia por todo o país.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: