Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS DE GALIZA

Primeiro recoñecemento oficial da lingua de signos en Galiza

A secretaria xeral do Benestar da Xunta, María Xesús Lago, difundiu unha declaración na que por primeira vez en Galiza se recoñece a lingua de signos como "verdadeira lingua e polo tanto, como un patrimonio que hai que protexer". A lingua dos xordos galegos está baseada no español, anque con moitas particularidades, e non existe unha lingua galega de signos desenvolvida, como si ocorre por exemplo co catalán. A vicepresidencia de Igualdade comprométese con esta declaración a impulsar que todos os poderes públicos galegos aseguren que as persoas xordas poidan usar libremente a lingua de signos en todos os ámbitos públicos e privados. En estados como Nova Celandia, a lingua de signos é oficial á par có inglés e o maorí.

- 09:20 20/10/2005
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: