A alta abstención, que roldará o 50%, será protagonista nas eleccións presidenciais en Polonia, nas que case que trinta millóns de electores terán que definir as súas preferencias entre unha ducia de candidatos.
As sondaxes indican que tan só o liberal Donald Tusk, lider da Plataforma Cívica, e o candidato da conservadora Lei e Xustiza, Lech Kaczynski, teñen serías opción ao triunfo. Tusk ía lixeiramente por diante de Kaczynski nas sondaxes realizadas durante a campaña.
Os primeiros resultados daranse a coñecer ás 23.00 hora local (21.00 GMT). aínda que haberá que agardar ao vindeiro luns para coñecer os resultados definitivos. No caso, bastante probábel, de que ningún candidato supere o 50% dos sufraxios, hase de celebrar a segunda volta das eleccións presidenciais o vindeiro 23 de outubro.