Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUNDACIÓN CARLOS CASARES

O debate sobre os confitos bélicos centra os III Encontros de Mondariz-Balneario

A Fundación Carlos Casares celebra os días 20, 21 e 22 desetembro a terceira edición dos Encontros Mondariz-Balneario, que desta volta se centran nos Conflitos bélicos e violencia no novo século. Unhas xornadas que inaugura a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e para a que se vai a contar coa presenza de convidados como Xosé Fortes, vicerreitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Alberto Oliart, analista político na Cadena SER e Bernard Cassen, fundador de Le Monde Diplomatique.

- 09:00 20/09/2005
Tags:

Partindo da aparición, nas últimas décadas do século XX, de novas formas de facer a guerra, caracterizadas polo retorno a unha violencia xa non regulada polo poder do Estado O III Encontros Mondariz-Balneario tentan darlle resposta a interrogantes como son: as perspectivas da Guerra contra o Terrorismo, a redifinición das alianzas militares, as políticas de axuda humanitaria ou a pervivencia do terrorismo en ausencia de información.

Para iso contará cos relatorios de: Xosé Fortes, vicerreitor da UIMP; Felipe Fernández-Armesto que posúe a cátedra Príncipe de Asturias na Universidade de Tufts; Miguel Ángel Fernández, almirante da armada española; Alberto Oliart, analista político na SER; Rafael Vilasanjuán, xornalista; e Bernard Cassen, tamén xornalista.

O relatorio de apertura, pronunciado por Xosé Fortes, terá lugar o martes 20 e xirará arredor das Novas guerras e novas forzas armadas, para darlle paso pola tarde a Guerra e civilizacións, sobre o que falará Felipe Fernández-Armesto. O mércores 21 será Miguel Ángel Fernández o encargado de abrir a xornada co relatorio Despois da Guerra Fría: alianzas e coalicións, seguido de Terrorismo global, a conferencia que pronunciará Alberto Oliart. E na derradeira xornada desta terceira edición dos encontros, o xoves 21 de setembro, será a quenda para Rafael Vilasanjuán e Bernard Cassen, que falarán sobre Os novos retos da acción humanitaria e A guerra e os medios de comunicación, respectivamente.


0/5 (0 votos)