Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SETE OBRAS ASPIRAN AO GALARDÓN

Os escritores elixen as obras finalistas do premio AELG 2005

Os últimos libros de Miguel Anxo Fernán Vello, Bernardino Graña, Bieito Iglesias, Olga Novo, Román Raña, Manuel Veiga e Luísa Villalta foron os elixidos polos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega como finalistas para optar ao premio da AELG 2005. Nestes días, os membros da asociación elixen a obra gañadora mediante boletíns numerados que se computarán a partir do 15 de setembro. O título da obra gañadora darase a coñecer publicamente o vindeiro 19 de setembro.

- 07:17 09/09/2005
Tags:

As obras elixidas polos máis de 260 socios de AELG son:

- Territorio da desaparición de MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO
- Sen sombra e sen amor de BERNARDINO GRAÑA
- Amor e música lixeira de BIEITO IGLESIAS
- A cousa vermella de OLGA NOVO
- As metamorfoses do túnel de ROMÁN RAÑA
- O exiliado e a primavera de MANUEL VEIGA
- En concreto de LUÍSA VILLALTA

O Premio AELG 2005 materializarase nunha pluma estilográfica gravada con tal motivo, que se lle concederá ao autor ou autora da obra gañadora no marco da xa tradicional "Cea das Letras". Esta celebración, que reunirá a
socios/as e demais amigos que queiran achegarse, terá lugar no restaurante do hotel compostelán "Virxe da Cerca" a partir das 21:00 hs. do vindeiro 24 de setembro. A velada concluirá coa actuación musical da fadista Carmen Dolores, que terá lugar ás 23:00 hs. na Sala Nasa. Presentada por Xurxo Souto, esta actuación será de entrada libre e aberta para os socios/as da AELG e demais público interesado en achegarse.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: