Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E SOFTWARE

O Gmail ten versión en 4 idiomas máis pequenos có galego

O servizo de correo electrónico de balde de Google, o Gmail, apareceu en abril de 2004 cun xiga de espazo. Aínda que continúa na procelosa mar das versións beta, o Gmail está a gañar espazo no mercado dos servidores de correo grazas á súa política de difusión por agasallo entre usuarios, mentres segue a realizar ampliacións da súa capacidade e versións en 37 codificacións distintas, entre as que se atopan o estoniano, o islandés, o esloveno e o letón, con menos falantes có galego, e linguas minorizadas coma o catalán. Os programas de Google tradúcense grazas a voluntarios. Pero podemos estar esperanzados porque a tradución galega vai por bo camiño. Xa están completamente verquidas ao galego as estatísticas e mais o xestor de correo, e queda unicamente un 8% de mensaxes, que corresponden á aparencia: en total, unhas 70 frases.

- 08:47 02/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)