Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NENGÚN PAÍS EXTRADITA AOS SEUS NACIONAIS

Posada Carriles solicita a nacionalidade estadounidense para evitar extradición

A estratexia da defensa do terrorista Luis Posada Carriles, consiste en retirar a solicitude de asilo e presentar a de naturalización, alegando que el prestou "valiosos servizos" aos EEUU cando foi axente da CIA.

- 09:18 01/09/2005
Tags:

O terrorista cubano Luis Posada Carriles desistiu de solicitar asilo en Estados Unidos e agora tramita un pedido de naturalización nese país, a fin de evitar a súa deportación a Venezuela.

A información foi suministrada este mércores polo avogado de Posada, Eduardo Soto, á axencia alemá de notícias DPA, que subliña que os Estados Unidos (e negún outro país agás Colombia) non concede a extradición dos seus nacionais.

"Temos lista a solicitude e a presentaremos tan pronto remate o proceso", dixo Soto, en referencia ao xuízo que se lle segue ao cubano na cidade de El Paso, Texas, a cargo do xuiz de imigración William L. Abbott.

Este proceso só contempla sancións polo seu ingreso ilegal a EEUU, mentres que Venezuela solicitao para axuizalo polo atentado terrorista contra unha nave de Cubana de Aviación fronte ás costas de Barbados, en 1975, que causou a morte de 73 persoas, a maioría mozos desportistas cubanos.

Soto dixo que baseaba a solicitude para obter a cidadanía estadounidense nos "valiosos servizos prestados" por Posada Carriles a EEUU, entre eles o ter sido funcionario da Axencia Central de Intelixéncia (CIA) e ter servido 'honorabelmente' no Exército.

"Estiven a loitar ao carón das forzas democráticas que combatían ao comunismo", dixo o acusado na audiencia deste martes en El Paso.

Diversos meios de comunicación divulgaron testemuños do acusado nos que admite ter cometido asasinatos políticos e asegura non sentir remorsos por iso.

O xuiz Abbot pospuxo, a pedido da fiscalía, a realización do xuízo por ingreso ilegal a EEUU até o 26 de setembro, aínda que manifestou que é partidario da deportación de Posada a Venezuela.

O mesmo xuiz decidiu, hai algunhas semanas, non enviálo a Cuba.

O goberno de La Habana solicitao por unha serie de atentados en 1997 contra sítios turísticos e hoteis, nun dos cais morreu un turista italiano.

O Departamento de Estado non se pronunciou verbo da solicitude de extradición de Venezuela. Se o fixese, o caso pasaria a mans dun xuiz federal, onde probabelmente prosperaría, segundo peritos, en virtude dos tratados bilaterais vixentes sobre a materia.

Segundo as declaracións dos avogados, o pedido de naturalización se adiantaria a estes feitos, co cual se impediria que, unha vez en Venezuela, o terrorista fose enviado a Cuba.

Esta versión fora o fundamento para o pedido de asilo político en EEUU que pensaban introducir os avogados e que non se materializou.

Semellante argumento foi esgrimido tamén pola ex presidenta de Panamá, Mireya Moscosa, para indultar, un día antes de entregar a presidencia ao seu sucesor, Martín Torrijos, a Posada e aos seus tres cómplices cubanos.

Todos foran apresados en Panamá cun alixo de explosivos no seu poder, cos cales pensaban asasinar a Fidel Castro, quen se atopaba nese país participando dun cume iberoamericano.

Posada Carriles foi detido en Miami o 17 de maio. ingresara ilegalmente a Estados Unidos case dous meses antes.

Varios países apoian a Venezuela no seu pedido de extradición. O secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA), José Miguel Insulza, pronunciouse nese sentido a comezos desta semana en Caracas.

Xurxo Martínez Crespo


0/5 (0 votos)