Hai poucos días que o megaproxecto de e-biblioteca de Google se vía paralizado debido á rifa coas editoriais logo que a empresa lles pedise que lle notificasen de xeito concreto que volumes non querían que se escaneasen. As cancelas estadounidenses parecen ir superarse na UE, onde as primeiras xuntanzas de traballo para a creación da biblioteca internáutica promovida polo goberno francés quixeron incluír desde o primeiro momento representación do sector editorial. Deica agora crearónse os grupos que definirán os procedementos técnicos, coordinarán a selección de contidos e deseñarán o financiamento. Na iniciativa participan Francia, Alemaña, Italia, España, Polonia e Hungría.