Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O FURACÁN MÁIS PERIGOSO DOS ÚLTIMOS CORENTA ANOS

A cidade de Nova Orleáns, desaloxada pola chegada do furacán Katrina

O alcalde da cidade estadounidense de Nova Orleáns, Ray Nagin, ordenou a evacuación completa da capital do estado sureño de Louisiana. A reacción da poboación foi inmediata e nesta altura as autoestradas de saída de Nova Orleáns están totalmente atoadas nun clima de gran nerviosismo, se ben xa se dispuxeron sistemas de transporte público especiais. O furacán Katrina, o máis intenso dos últimos 40 anos, tocará terra probabelmente ao longo desta madrugada. Con forza 5 e ventos superiores aos 250 km/h, o máximo da escala de medición de furacáns, o Katrina xa ocasionou nove mortos ao seu paso pola Florida cando aínda era máis feble. Os meteorólogos apuntan que a cidade podería quedar asolagada por causa da súa proximidade ao mar.
• Máis información na CNN e no The Times - Picajune.
Centro Estadounidense verbo dos Furacáns.
Webcams en directo dende a cidade.

- 18:34 28/08/2005
Tags:


0/5 (0 votos)