O actor e dramaturgo Manuel Lourenzo é o gañador da IX edición do Premio de Teatro "Rafael Dieste", outorgado hoxe pola Deputación da Coruña, por decisión maioritaria do xurado. Lourenzo, que obtivo o premio coa obra "Ultimas faíscas de setembro", xa gañara este certame no 96 pola peza "Magnetismo". Nesta ocasión o xurado valorou no seu fallo tanto a "dimensión visual e poética do texto" como o tratamiento duns personaxes "cargados cun pasado cheo de misterio". Canto ao argumento, os membros do xurado definiron a obra de Lourenzo como "un texto no que se actualiza na dramaturxia galega mito de Medea nun contexto contemporáneo". A obra, que se presentou baixo o lema "Kirchfeldstrasse", competíu polo premio con outros 15 traballos que concorreron a esta novena edición do certame. O "Rafael Dieste" ten unha dotación económica dun millón de pesetas, así como a edición, producción en posta en escena da peza gañadora.
.