As choivas caídas durante os últimos días, que xa case cesaron, provocaron o corte das Xubias por un desprazamento de terras, ameazaron á depuradora de auga da Telva e causaron moitas inundacións na comarca. Chegaron a recollerse 136 litros por metro cadrado.
O luns foi o día de máis choiva do século en A Coruña, con 136 litros por metro cadrado.
Desbordáronse varios ríos da comarca, entre eles o río Monelos, que está canalizado nos tramos que hai na cidade, e que asulagou parte da Avenida de Alfonso Molina.
Houbo inundación en vivendas, baixos, garaxes e estradas.
Os lugares, ademáis da Coruña, onde houbo máis desperfectos foi en Arteixo, Cambre, Sada, Culleredo, Oleiros, Bergondo, e Abegondo. En Carballo e Ponteceso houbo que evacuar a algúns veciños en lanchas "zodiac".
Na Coruña, caeu un muro do matadeiro sobre un camión e un tanque de propano, que puido resultar nunha traxedia.
Caeu o falso teito dunha clase do Instituto Eusebio da Guarda, e un muro da estrada que vai ó Poligono de POCOMACO.
O temporal estivo a punto de deixar sen auga á cidade, xa que asulagou parte das instalacións da depuradora da Telva.
Produciuse un absoluto caos de tráfico que provocou, por exemplo, colas de 10 Km. nas saídas hacia a N - VI e Santiago.
Paradóxicamente, non afectou ó Tunel de María Pita, que en moitas ocasións, e con moita menos choiva, queda bloqueado. Nesta ocasión, as bombas de auga achicaron todo sen problemas.