Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AGARDÁBASE PARA AGOSTO

A ICANN adía a setembro a aprobación do .cat

A polvoreira levantada pola intención de promover o sufixo internáutico .xxx para os enderezos de webs de contido pornográfico, ao que se opón a administración USA, é motivo do atraso nos debates do organismo internacional que xestiona a internet. A ICANN deixa para o mes que vén a probábel aprobación do .cat para as webs catalanas. A institución consultoulle ao goberno español a autorización, á que o ministerio de Industria comprometeu o seu apoio, poñendo máis preto a consecución do nome de dominio. Lembrámoslles de paso que o bipartito galego recolle entre as súas promesas no ámbito das novas tecnoloxías o "establecemento do dominio galego de nomes en internet".

  • Recomendámoslles ampliar en Vilaweb
  • Anterior: Cataluña segue na busca dun dominio en internet "para a nación, a lingua e a cultura"

  • - 10:22 17/08/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)