Mondoñedo, Muras, Viveiro, O Vicedo, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, Avión e Ourol son concellos afectados polos novos parques eólicos, en varios casos supramunicipais, que veñen de recibir beizón do goberno Fraga no Consello da Xunta deste venres, onde tamén se aprobou unha minicentral no río Umia. Estas decisións chegan o mesmo día en que Adega trae a primeiro plano a denuncia na fiscalía de medio ambiente sobre o posíbel trato de favor por parte de Augas de Galiza a promotores de aproveitamentos hidroeléctricos e as irregularidades na concesión de parques eólicos. O anuncio de investimento de 64 millóns de euros para o plan sectorial do polígono empresarial de Arteixo ou de 7,6 millóns en obras de abastecemento e saneamento en concellos de Ourense, Lugo e Pontevedra, foron outras decisións destacadas este venres.