Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PANORAMA AUDIOVISUAL

La Voz e a cadea Cope fanse coas dúas televisións autonómicas dixitais, segundo El Correo Gallego

Segundo informa esta mañá o xornal compostelán El Correo Gallego, o Consello da Xunta de hoxe darálles as licenzas de TDT autonómica a La Voz e Popular TV (pertencente á cadea Cope). De confirmarse esta nova facilitada ao xornal compostelán por "fontes cercanas ao todavía executivo galego" tamén se confirmaría a noticia que adiantou Vieiros a semana pasada. Nela fixémonos eco da máis que probable concesión á Cope dunha licenza autonómica para garantirlle presenza no panorama televisivo galego logo de quedar fóra da loita polos programas locais. Deste xeito, quen queda fóra do reparto é o proxecto abandeirado por Filmax e os principais xornais galegos agás La Voz.

- 09:08 22/07/2005
Tags:

O xornal El Correo Gallego presentouse ao concurso da TDT autonómica dentro do proxecto de Filmax, El Ideal Gallego, La Región, El Progreso, o Faro de Vigo e o empresario Juan Carlos Cebrián. O xornal responsabiliza directamente a Fraga da decisión final de deixalos fóra do reparto e acúsao de optar "por un grupo de comunicación madrileño fronte á recomendación dos expertos audiovisuais que consideraban a candidatura da plataforma galega como a máis solvente e profesional".

Para o xornal o seu proxecto era mellor que o da Cope xa que, ao seu entender, incluía maior programación en galego, a creación de máis postos de traballo e a garantía da elaboración de contidos dentro de Galiza . Segundo El Correo Gallego, a Cadea Cope-Popular TV fará unha programación "realizada desde Madrid e en idioma castelán". Os datos que apunta o xornal sobre a oferta da Cope indican que o investimento previsto no proxecto é de 2.349.000€, que se creen 40 postos de traballo e unha emisión en galego do 52% da programación. Neste sentido, El Correo indica que a súa proposta prevía investir un millón e medio de euros máis, crear 220 postos de traballo e emitir en galego máis do 70% do tempo.

A última palabra sobre as concesións teráa o Consello da Xunta de hoxe. A media mañá saberemos se se confirma este reparto e tamén a quen lle concede o goberno en funcións os outros 60 programas locais de TDT e as 72 emisoras de radio dixital.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: