Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EMIGRACIÓN

XIII Xornadas Mar por Medio en Ribadeo

O concello de Ribadeo organiza, do 19 ao 22 de xullo e baixo a dirección do profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto, as décimo terceiras xornadas Mar por Medio: A parroquia de acolá. A emigración en Galiza e a influencia da mesma na identidade dos galegos e das galegas é o tema que vai centrar estes catro días de conferencias.

- 16:49 11/07/2005
Tags:

A emigración galega e os seus retornos e As características da emigración galega e asturiana serán os temas a tratar na xornada inaugural e estarán impartidas por Ramón Villares, da USC, e Francisco Erice, da Universidade de Oviedo.

O día 20 serán os investigadoras da USC Pilar Cagiao e Nancy Pérez, da Universidade de California-San Diego Ana Varela, da Autónoma de Madrid Pan Matojo e da Universidade viguesa José Vidal e Manuel González os encargados de levar o auditoiro a través do mundo da emigración. Os temas a tratar serán as sociedades galegas, a emigración galega a Cuba e o exilio.

O dia 21 de xullo María Liliana de la Orden, da Universidade Mar del Plata falará da situación das emigrantes galegas nesa zona e Teresa Táboas, presidenta do Colexio de Arquitectos, adentrarase nas casas de indianos. Sobre as escolas de emigrantes falará Antón Costa e o voto emigrante dará lugar a unha mesa redonda que vai contar coa presenza de Xosé Luís Barreiro Rivas, Xavier Ferreira, Antón Losada e Anxo Lugilde.

Na xornada de peche desta décimo terceira edición de Mar por medio os temas a tratar serán: A comunicación entre as dúas parroquias. As cartas dos emigrantes galegos e asturianos, A imaxe dos galegos na Arxentina e A emigración galega e o desenvolvemento de Galiza. Perspectivas de futuro, que precederá a un concerto ofrecido pola Coral Polifónica de Ribadeo.


0/5 (0 votos)