Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ÁS PORTAS DO XXI FESTIVAL DO MUNDO CELTA

Ortigueira quenta motores

En tren, autobús, vehículos particulares... Ortigueira comeza a vivir un ano máis a invasión de visitantes que se desprazan ata a Vila para gozar do Festival Internacional do Mundo Celta. O programa oficial dará comezo este xoves cun serán inaugural de participación aberta. A organización do certame convida aos asistentes a formar parte desta gran festa de benvida, cos seus instrumentos e voces. Vinte grupos –vén de suspenderse o concerto de Romano Drom por causas de forza maior- desfilarán polos escenarios deste XXI Festival Ortigueira caracterizado pola fusión de culturas. Na pasada edición foron 100.000 as persoas que asistiron a esta cita da música de raiz.

- 11:37 06/07/2005
Tags:

Todo está listo en Ortigueira. Dende comezos desta semana están chegando á Vila os primeiros grupos de asistentes ao XXI Festival Internacional do Mundo Celta. O xoves, ás 21:30 horas, dará comezo oficialmente esta edición de 2005. Será cunha grande festa inaugural, aberta á participación do público, e que terá como peche un espectáculo pirotécnico.

Dende o venres ata o domingo desenvolveranse en Ortigueira concertos, actuacións de danza, exposicións, obradoiros, desfiles de bandas... Un ano máis o público poderá gozar dun amplo abano de actividades marcadas neste 2005 pola fusión de culturas e o protagonismo da Galiza exterior.

Con respecto ao programa, a organización do Festival vén de anunciar a suspensión da actuación de Romano Drom. O grupo húngaro cancelou o seu concerto a causa da morte repentina dun dos seus vocalistas.


0/5 (0 votos)