Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DAS TERRAS DO MIÑO

A Unesco declara a Allariz "reserva da biosfera"

Dúas ducias de novos lugares pasan a ser recoñecidos dende esta semana coma espazos da "rede mundial de reservas da biosfera", distinción que a Unesco lle concede a zonas con especiais características ecolóxicas e con destacados modelos de convivencia da actividade humana co medio natural. O contorno de Allariz, cos concellos próximos da Bola, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga pasa a integrar a rede, da que xa formaban parte en Galiza as Terras do Miño.

- 06:59 01/07/2005
Tags:

Vintedous lugares en dezasete países, foron os escollidos esta semana pola mesa do Consello Internacional de Coordinación do bautizado "Programa Home e Biosfera". Son máis de 482 espazos en máis dun cento de países os que xa conforman esta rede mundial da Unesco.

As especiais características do ecosistema desta comarca ourensá, unida á súa gabada compatibilización de desenvolvemento económico con protección da biodiversidade, foron argumento a favor dunha decisión coa que a Unesco busca o recoñecemento a comunidades locais onde se teña detectado especial atención á integración dos cidadáns co medio natural.


Ligazóns

0/5 (0 votos)